Ir o contido principal

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC intensificará as súas actividades durante o verán

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC intensificará as súas actividades durante o verán
O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC intensificará as súas actividades durante o verán
TodoCosmos e o programa de Visitas Astronómicas desenvolveranse entre xullo e setembro

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC (OARMA) intensificará as súas actividades ao longo de verán co desenvolvemento de TodoCosmos, financiado por FECYT-Ministerio de Economía e Competitividade, e do programa Visitas Astronómicas en colaboración coa Cidade da Cultura, en ambos os dous casos entre os meses de xullo e setembro.

No caso de TodoCosmos, esta é unha iniciativa do propio Observatorio Astronómico financiada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT)-Ministerio de Economía e Competitividade que levará múltiples actividades en forma de sesións nocturnas de observación, obradoiros e xornadas de divulgación a diversos lugares da xeografía galega, así como aos quince concellos que participan na iniciativa este ano. Nesta edición colaboran no desenvolvemento de TodoCosmos Allariz, Ames, Boqueixón, Lalín, Noia, Ordes, Oroso, Padrón, Rianxo, Ribadeo, Santiago, Sanxenxo, Teo, Vedra e Vila de Cruces.

As próximas sesións que se van celebrar dentro deste programa divulgativo recalarán en Rianxo o próximo 24 de xuño, cunha observación pública ás 23.00 horas; o sábado 25 á mesma hora no Paseo de Silgar en Sanxenxo; e os días 28 e 29 cunha proposta dirixida a público infantil en Sigüeiro, ao que seguirá outra sesión de observación pública na mesma localidade o día 1 de xullo. O resto de actividades, tanto do mes de xullo como de agosto e setembro pódense consultar na web de TodoCosmos.

O equipo que se encargará das actividades está composto polo director de TodoCosmos e do OARMA, José Ángel Docobo, Pedro Pablo Campo Díaz, José Ramón González Romay, María Brea Mato e Jorge Gómez Crespo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.06.2016.