Ir o contido principal

A Oficina de Desenvolvemento Sostible organiza en Santiago e Lugo obradoiros de elaboración de xabón con aceite usado

A Oficina de Desenvolvemento Sostible organiza en Santiago e Lugo obradoiros de elaboración de xabón con aceite usado
A Oficina de Desenvolvemento Sostible organiza en Santiago e Lugo obradoiros de elaboración de xabón con aceite usado

En dúas xornadas, o mércores 30 en Santiago e o xoves 1 de decembro en Lugo, a Oficina de Desenvolvemento Sostible organizará un obradoiro de elaboración de xabón con aceite. O obxectivo é aprender a reutilizar o aceite de cociña usado elaborando xabóns artesanais para o coidado da hixiene persoal de xeito que, ademais de xerar un aforro económico, se promoven condutas respectuosas co ambiente. Segundo estudos ambientais, un litro de aceite usado que se desbota pode chegar a contaminar 1.000 litros de auga, xa que cando entra en contacto con este elemento crea unha capa fina que evita a súa osixenación e causa a destrución do ecosistema.

Nos dous obradoiros previstos aprenderase a facer xabón tanto con aceite usado como con outras dúas variedades con aceite de oliva, para así realizar xabóns de chocolate e café e de manteiga de karité. En Compostela impartiranse o mércores 30 na Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega en horario de 16.30 a 19.00 horas e, en Lugo, o xoves 1 de decembro de 17.00 a 19.30 horas na Facultade de Formación do Profesorado.

As persoas interesadas poden realizar a inscrición enviando un correo cos seus datos á Oficina de Desenvolvemento Sostible (plands [at] usc.es (plands[at]usc[dot]es)).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.11.2016.