Ir o contido principal

A Oficina de Software Libre da USC presentou o libro Comezar con ubuntu. Manual do usuario versión 1.0

A Oficina de Software Libre da USC presentou o libro Comezar con ubuntu. Manual do usuario versión 1.0
A Oficina de Software Libre da USC presentou o libro Comezar con ubuntu. Manual do usuario versión 1.0

A Oficina deSoftware Libre da USC e o Concello de Dodro acaban de presentar o libro Comezar con ubuntu. Manual do usuario versión 1.0, tradución ao galego que se vén unir ás realizadas en inglés e alemán coa colaboración da comunidade galega de Ubuntu. A obra presentouse este martes no Concello de Dodro coa presenza do director da Área TIC da USC, Andrés Freire. A obra ofrece ao lector os coñecementos básicos do sistema Ubuntu, como a instalación e o traballo co escritorio así como unha guía no uso dalgúns dos aplicativos máis populares. Está deseñada de xeito que sexa fácil de seguir, con instrucións paso a paso e cunha gran cantidade de capturas de pantalla, o que permite descubrir o potencial do sistema mesmo a usuarios principiantes no sistema. Segundo explican o seus responsables, a guía escribiuse especificamente para Ubuntu 10.04 LTS concebíndose, máis que como un manual de instrucións, como unha guía de inicio rápido que explica como realizar as tarefas que necesita facer co computador de forma rápida e sinxela. Na súa elaboración colaboraron a Deputación da Coruña e as secretarías xerais de Política Lingüística e de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

O termo ‘ubuntu’ é un concepto tradicional africano orixinado nos idiomas Bantú do sur de África. Segundo se recolle no libro presentado “ubuntu é máis que un sistema operativo, é unha comunidade de xente que traballa voluntariamente nun proxecto de software internacional e que ten como obxectivo chegar é mellor experiencia de usuario posible.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.12.2010.