Ir o contido principal

O Plan de Ordenación do Litoral será tratado nunha nova conferencia na EPS

Manuel Borobio Sanchiz, Director Xeral de Sustentabilidade e Paisaxe da Xunta de Galicia impartirá este luns 17 de xaneiro unha conferencia arredor da Ordenación Territorial Sostible centrándose no Plan de Ordenación do Litoral de Galicia. O acto terá lugar ás 17:00 horas no salón de actos da Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo.

A conferencia, aberta ao público en xeral, terá lugar no marco do Máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio, unha acción formativa de carácter oficial que se imparte na Politécnica por vez primeira no presente curso e que está impulsado por este centro en colaboración co IBADER. Borobio Sanchiz é arquitecto experto en Urbanismo pola Universidade de Navarra e ocupa o cargo de director xeral no departamento da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas dende 2009.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.01.2011.