Ir o contido principal

Os premios internacionais Zendal recoñecen a traxectoria do profesor Ángel Carracedo

Estes galardóns que alcanzan a súa terceira edición buscan visibilizar e impulsar proxectos de investigación no campo da saúde

O catedrático Ángel Carracedo acaba de ser recoñecido na terceira edición dos Premios Internacionais Zendal na categoría homenaxe á traxectoria. O recoñecemento quere destacar a súa contribución con máis de 12 libros publicados e 550 artigos en revistas internacionais incluíndo cabeceiras como Nature, Science ou NatureGenetics, ademais das principais revistas de xenética médica, cancro ou medicina forense. O profesor Carracedo forma parte de diversas sociedades científicas de relevancia internacional e recentemente ten sino nomeado membro numerario da Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.

Estes galardóns, concedidos polo grupo biotecnolóxico Zendal, teñen como obxectivo visibilizar e impulsar proxectos de investigación no campo da saúde. Nesta terceira convocatoria tense incrementado o nivel de participación, con medio cento de candidaturas. Na categoría de saúde humana foi recoñecido un proxecto para o control de bacterias multirresistentes e no de saúde animal unha vacina fronte a leishmaniose canina. Tamén se estableceu un accésit especial para a plataforma One Health.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.11.2022.