Ir o contido principal

Presentación do ciclo ‘O órgano da Igrexa da Universidade doutra maneira’

O órgano da Igrexa da Universidade será de novo, por terceiro ano consecutivo, o protagonista dun ciclo de música que nesta ocasión incorpora novos elementos e actividades artísticas. O ciclo ‘O órgano da Igrexa da Universidade doutra maneira’, que comprende tres recitais no mes de outubro, presentarano este venres 8 ás 11:00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca o director da Aula de Cultura da USC, Pablo Sampedro, e a responsable de contidos do ciclo, Belén Bermejo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.10.2010.