Ir o contido principal

Presentación do Coloquio Internacional ‘Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz’

Do 13 ao 15 de decembro expertos internacionais de primeiro nivel reuniranse no Coloquio Internacional ‘Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz’ que organiza o proxecto ‘Nomes e Voces’ dentro das actividades do Foro 2010. O programa deste encontro presentarano en rolda de prensa o director do proxecto, o catedrático Lourenzo Fernández Prieto, e o historiador e profesor emérito da Universidade de Nova York Nicolás Sánchez Albornoz que será o encargado de pronunciar a conferencia inaugural. A comparecencia ante os medios terá lugar o vindeiro luns 13 a partir das 12:00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. O xornalista e escritor arxentino Horacio Verbitsky, o catedrático Julián Casanova (membro do grupo de expertos encargado da busca de fosas comúns e a identificación das vítimas no sumario contra os crimes franquistas promovido por Baltasar Garzón) ou o catedrático da Universidade de Pisa Gabriele Ranzato (considerado un dos máximos eruditos da historia española do século XX e concretamente da II República Española e a Guerra Civil) son algunhas das figuras que intervirán no desenvolvemento deste Coloquio.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.12.2010.