Ir o contido principal

Presentación dunha nova edición comentada da obra Le Rime de Giovanni Agostino Caccia

Publicado en Venecia por vez primeira en 1546, o libro de Giovanni Agostino Caccia Le Rime volve recuperar a súa actualidade coa edición dunha nova edición comentada a cargo do profesor da USC Benedict Buono. Esta edición presentarase en rolda de prensa este martes 20 a partir das 11:30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. Na actualidade, de Le Rime se conservan unicamente seis copias en Europa, unha delas na Biblioteca Xeral da USC. Intervirán na presentación o vicerreitor de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade, Javier Garbayo; o director do centro de investigación Universidade de Monteregio de Novara (Italia), Silvano Crepaldi; a directora da Biblioteca Xeral, Mª Isabel Casal; e o autor da edición, Benedict Buono.

Ao longo das máis de 400 páxinas da edición a presentar distribúense unha ampla introdución, notas bibliográficas do autor Giovanni Agostini Caccia e dende o punto de vista histórico e filolóxico, ademais dos índices. Le Rime comprende 181 composicións de distinto tipo, dende sonetos ou cancións ata madrigais ou dúas églogas pastorais intimamente asociados á peregrinaxe cara Compostela.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.07.2010.