Ir o contido principal

Presentación da exposición fotográfica ‘Miradas’

Do 15 ao 23 de outubro poderá visitarse no Colexio de Fonseca a exposición fotográfica ‘ Miradas’, unha iniciativa da Fundación Down Compostela para demostrar que entre as persoas con e sen discapacidade son moitas máis as semellanzas que as diferenzas. A mostra presentarase este mércores 10 ás 11.00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca nunha rolda de prensa na que participan o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán, e o presidente da Fundación organizadora, Juan Jesús Martínez.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.10.2012.