Ir o contido principal

Presentación do libro ‘O programa Erasmus na construción da cidadanía europea. Unha mirada dende Compostela’

O programa Erasmus na construción da cidadanía europea. Unha mirada dende Compostela é o título dun novo libro que reflicte a opinión dos protagonistas deste programa respecto das particularidades xurdidas no seu desenvolvemento, cunha referencia particular á experiencia acumulada na Universidade compostelá. A obra presentarase publicamente este xoves 28 coa presenza do reitor Juan Casares e do coordinador do volume, o profesor Xesús Rodríguez, nun acto que se vai celebrar a partir das 12:00 horas na Sala de Prensa do Colexio de San Xerome. O programa Erasmus como proxecto formativo na articulación da Europa Social, a súa incidencia particular na USC e a voz e iniciativa dos seus protagonistas son os tres epígrafes que vertebran o conxunto de achegas que definen o corpo deste libro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.10.2010.