Ir o contido principal

Presentación da oferta académica da USC en Burela

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, presentará este venres 10 de xullo en en Burela a oferta académica da USC para o curso 2015-2016, no transcurso dun acto durante o que tamén informará sobre os diferentes programas de bolsas que poden solicitar os estudantes que formalicen a súa inscrición no primeiro curso dalgunhas das titulacións de grao impartidas no campus de Lugo.

O acto de presentación da oferta académica da USC en Burela desenvolverase a partir das 12.00 horas, no consistorio burelés, onde o vicerreitor Javier Bueno estará acompañado polo alcalde Alfredo Llano.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.07.2015.