Presentación da oferta académica da USC en Monforte
O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, presentará este mércores 8 de xullo en Monforte de Lemos a oferta académica da USC para o curso 2015-2016, no transcurso dun acto durante o que tamén informará sobre os diferentes programas de bolsas que poden solicitar os estudantes que formalicen a súa inscrición no primeiro curso dalgunhas das titulacións de grao impartidas no campus de Lugo.
O acto de presentación da oferta académica da USC en Monforte de Lemos desenvolverase a partir das 13.30 horas, na Casa do Concello de Monforte, onde o vicerreitor Javier Bueno estará acompañado polo alcalde José Tomé Roca.