Ir o contido principal

Presentan en Lugo diversas actividades enfocadas á internacionalización do sector lácteo

O vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón, e o director do Centro Tecnolóxico Lácteo de Galicia-Aula de Produtos Lácteos, Juan Méndez Dónega, presentarán este xoves 21 aos medios de comunicación a 18ª Asemblea Xeral da Federación Panamericana de Lechería, o workshop ‘Formación e I+D+I no Sector Lácteo’ e a reunión da Alianza Láctea Global. A presentación celebrarase a partir das 11:00 horas na Sala de Prensa da Vicerreitoría luguesa. Este conxunto de actividades, de grande interese para a internacionalización do sector, celebraranse en Lugo entre os vindeiros días 26 e 29 convertendo á cidade das murallas na capital europea da análise do comercio no sector lácteo, cun abano de eventos determinantes polos que as empresas galegas e españolas deste sector poidan abrir novas vías de negocio e internacionalizarse.

O Centro Tecnolóxico Lácteo de Galicia encárgase da organización da Asemblea Xeral da Federación Panamericana de Lechería, que se desenvolve por vez primeira fóra do continente americano. Complementariamente celebraranse tamén unhas xornadas de I+D no sector lácteo e a reunión da Alianza Láctea Global, abertas á participación de todos os axentes implicados neste sector.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.10.2010.