Ir o contido principal

Preséntase a oferta formativa cultural do Campus de Lugo

A USC abre o prazo de inscrición para os cursos da súa área de cultura no Campus de Lugo. O programa será dado a coñecer este venres, día 15, por parte do vicerreitor de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade, Javier Garbayo, e da directora da Oficina de Cultura do Campus de Lugo, Paloma Lugilde. A rolda de prensa será ás 11:15 horas na Sala de Prensa da Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do Campus. Danza, teatro, música e fotografía serán as disciplinas que se ofertan este ano académico, no que se introducen iniciativas de formación en I+D+I aplicada ás artes e novas tecnoloxías.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.10.2010.