Ir o contido principal

Preséntase a quinta convocatoria do proxecto Europracticum de prácticas profesionais en empresas e organizacións europeas

A realización de prácticas en empresas e organizacións europeas será o reclamo un ano máis dunha nova convocatoria, a quinta, do proxecto Europracticum (2010-2012), enmarcado nas iniciativas de mobilidade laboral do programa Leonardo da Vinci. As principais características desta nova convocatoria do Europracticum presentaranse este mércores 6 nun acto previsto para as 12:00 horas na Sala de Prensa da Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo. Na presentación intervirán o vicerreitor de Coordinación do campus lugués, Pedro G. Herradón; a vicerreitora adxunta para estudos e grao e posgrao, Maribel González Rey; e Gloria Cruz Amil, da Área de Orientación Laboral da USC.

Poderán beneficiarse deste programa 34 titulados/as da USC, que obtiveran a súa titulación dende xaneiro de 2005 a febreiro de 2010 (incluídos) que desexen completar a súa formación con prácticas en empresas europeas, coñecendo novas formas de traballo nun ambiente multicultural, á vez que mellorar as súas competencias lingüísticas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.10.2010.