O prestixioso profesor estadounidense Harvey Jacobs fala en Lugo de propiedade privada e sustentabilidade
O profesor Harvey M. Jacobs, da Universidade de Wisconsin-Madison (EE.UU.) pronunciará este xoves 28 no Campus de Lugo unha conferencia no marco do Master Universitario en xestión sustentable da terra e do territorio. A súa intervención, que leva por título ‘O lugar da propiedade privada no marco da sustentabilidade. O legado de John Locke, Aldo Leopold e Garrett Hardin’, terá lugar ás 17:00 horas na Aula 16 da Escola Politécnica Superior. O profesor Jacobs recibiu varios recoñecementos pola súa carreira académica e investigadora: da Cornell University (en 1980 e 1982), do Journal of the American Planning Association (en 1988 and 2000), da Academia da Universidade de Wisconsin, do Lincoln Institute of Land Policy ou da Fundación Rockefeller en 2006, entre outros. Ademais, o Goberno de Francia recoñeceuno en 2008 co rango de cabaleiro da L’Ordre des Palmes Académiques A súa liña investigadora céntrase en cómo a sociedade define a propiedade e as estruturas políticas que se constitúen para xestionar a relación entre os dereitos privados e públicos da propiedade.