Ir o contido principal

Procuran novos achegamentos á violencia de xénero dende distintas perspectivas

Procuran novos achegamentos á violencia de xénero dende distintas perspectivas
Procuran novos achegamentos á violencia de xénero dende distintas perspectivas

Os aspectos médico-legais e xurídico-penais da violencia de xénero centran este xoves 23 os debates dunha xornada organizada conxuntamente polo Departamento de Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses da USC, o Instituto universitario de Criminoloxía e o Colexio de Avogados de Santiago. Dirixido por María Sol Rodríguez Calvo e Fernando Vázquez-Portomeñe, o curso desenvolveuse na sede do Colexio de Avogados de Santiago, onde se inaugurou coa presenza, ademais dos directores, da secretaria xeral da USC Lourdes Noya. A Lei Orgánica 1/2004 de medidas de protección integral contra a violencia de xénero e a rehabilitación do maltratador foron as cuestións que abriron a quenda de intervencións, da man dos catedráticos de Dereito das Universidades Rovira i Virgili e de Valencia, Gonzalo Quintero e Enrique Orts, respectivamente. A xornada contempla ademais outras tres mesas de debate. Na primeira tratouse a situación actual da avaliación forense da violencia contra a muller, a pericia médico-legal na vítima e no agresor e a importancia da valoración do dano psíquico nas vítimas.

Xa pola tarde, a partir das 17:00 horas, na primeira mesa programada preséntase un avance de resultados dos estudos médico-legal e xurídico-penal realizados na USC sobre casos de violencia de xénero en Galicia e presentaranse protocolos autonómicos de aplicación en casos de violencia de xénero. Por último, no último debate analizase os problemas de aplicación dos delitos de violencia de xénero.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.09.2010.