Ir o contido principal

O profesor Luís Míguez Macho tomará posesión este xoves como decano da Facultade de Dereito

O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, presidirá este xoves 20 o acto protocolario de toma de posesión do decano da Facultade de Dereito, Luís Míguez Macho. A sesión celebrarase a partir 12:30 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome.
O profesor de Dereito Administrativo Luís Míguez Macho resultou elixido decano na Xunta Extraordinaria de centro celebrada o pasado mes de novembro nunha votación na que obtivo 47 votos a favor, 8 en branco e 3 nulos. Con anterioridade a ocupar o decanato do centro compostelán, Míguez Macho fora tamén secretario da Facultade de Dereito do Campus de Ourense.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.12.2007.