Ir o contido principal

O profesor da Universidade de Cornell José F. Martínez ofrece unha conferencia sobre microprocesadores que se autooptimizan

Está é unha actividade organizada polo Citius

O profesor da Universidade de Cornell José F. Martínez impartirá este mércores 20 unha conferencia sobre microprocesadores que se optimizan a si mesmos. Co título ‘Self-optimizing microprocessors: a machine learning approach’ a intervención comezará ás 12.00 horas na Sala de Xuntas do Departamento de Electrónica e Computación no Edificio Monte da Condesa, organizada polo Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da USC (Citius). José F. Martínez referirase ao traballo que se realiza na Universidade de Cornell arredor de arquitecturas que aproveitan a tecnoloxía de aprendizaxe automática, para mellorar os ordenadores a través dun uso máis produtivo do enxeño humano. O enfoque proposto alenta ao deseñador a centrarse nas variables do sistema e nas limitacións que poden xogar un papel na realización dun obxectivo de rendemento, en lugar de formular con exactitude cómo funciona o hardware que debe cumprir ese obxectivo. O conferenciante é profesor asociado de enxeñaría eléctrica e informática así como membro do posgrao de ciencias da computación. O seu traballo de investigación ten sido recoñecidos con múltiples premios.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.06.2012.