Ir o contido principal

O profesor da USC Miguel Pérez Pereira, novo presidente da Asociación para o Estudo da Adquisición da Linguaxe

O profesor do Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación Miguel Pérez Pereira vén de ser elixido presidente da Asociación para o Estudo da Adquisición da Linguaxe nunha asemblea extraordinaria que se celebrou no mes de setembro en Oviedo durante a celebración do V Congreso Internacional de Adquisición da Linguaxe.
Esta asociación científica ten como obxectivos principais o estudo da adquisición e desenvolvemento da linguaxe, o coñecemento da relación entre lingua oral e escrita ou a análise dos trastornos e dificultades na adquisición da linguaxe, entre outras cuestións. Ademais, fomenta o contacto científico internacional e achega información a todas as persoas interesadas.
Miguel Pérez PereiraProfesor da USC, Miguel Pérez Pereira centra a súa labor investigadora na adquisición e desenvolvemento da linguaxe abordando aspectos concretos como o bilingüismo, o caso dos rapaces invidentes ou as dificultades no desenvolvemento da linguaxe.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.10.2007.