Ir o contido principal

Tres profesores da USC e unha investigadora do IDIS ingresarán na Real Academia de Medicina de Galicia

Facultade de Medicina da USC. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Medicina da USC. FOTO: Santi Alvite
A Academia, unha das institucións máis antigas de España, recoñece a súa traxectoria profesional e contribucións científicas
Santiago de Compostela

Os profesores da USC Ángel Carracedo, Federico Martinón e Rosendo Bugarín, xunto con Teresa Jorge Mora, investigadora do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS), no que tamén participa a USC, ingresarán na Real Academia de Medicina de Galicia pola súa traxectoria profesional e contribucións científicas, tal e como acordou o pleno da institución.   

Para ocupar as prazas vacantes de Medicina Legal e Pediatría, respectivamente, foron elixidos os profesores Carracedo e Martinón; mentres que Bugarín e Jorge Mora ocuparán as prazas de Medicina Física e Rehabilitación e Medicina Familiar e Comunitaria, as dúas de nova creación.

A Real Academia de Medicina de Galicia é unha das institucións científicas máis antigas de España fundada a través dun Real Decreto o ano 1831. A súa misión é contribuír ao estudo e progreso da medicina, salientado a investigación, a educación médica e o desenvolvemento humanístico do médico.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.10.2022.