Reabre as súas portas o Museo Casa da Troia

O conselleiro de Cultura, Roberto Varela; o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; e os vicerreitores de Cultura e de Estudantes e Formación Contínua da USC, Javier Garbayo e Francisco Durán, visitaron este xoves as instalacións do Museo Casa da Troia nunha xornada que marcou a reapertura oficial deste espazo expositivo. As tres institucións representadas na visita, á que tamén asistiu a presidenta da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC, Socorro Ortega Romero, colaboran na reapertura do museo ademais de formar parte do seu Padroado.
O Museo Casa da Troia volve abrir as súas portas ao público a iniciativa da Asociación de Antigos Tunos Composteláns, baixo a presidencia de Benigno Amor Barreiro, que celebra estes días dúas xornadas de portas abertas ao público interesado.