Ir o contido principal

Un recital poético pecha o ciclo ‘O órgano da Igrexa da Universidade doutra maneira’

Este martes 26, ás 20:30 horas na Igrexa da Universidade, terá lugar o último concerto do ciclo O órgano da Igrexa da Universidade doutra maneira que, baixo o formato do recital poético, contará coa participación de Marilar Aleixandre, Eva Veiga, Dores Tembrás e Ana Romaní, acompañadas por Martina Schobersberger e Daniel Oman ao órgano, guitarra eléctrica e música por computador. A entrada é libre ata completar o aforo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.10.2010.