Ir o contido principal

A Rede Universitaria do Traballo Autónomo organiza na USC o seu primeiro congreso

A Rede Universitaria do Traballo Autónomo (RUTA) desenvolverá os días 28 e 29 de outubro o primeiro congreso universitario sobre traballo autónomo e empresa Individual. Dirixido polo catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da USC César García Novoa o congreso terá lugar na Facultade de Dereito arredor de tres mesas redondas sobre financiamento e promoción do traballo autónomo, o seu Estatuto tres anos despois e o réxime fiscal. Neste encontro académico participarán expertos das Universidades de Santiago, Complutense de Madrid, Salamanca, Valencia e Central de Barcelona, ademais de avogados e responsables da Dirección Xeral de Tributos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.10.2010.