Ir o contido principal

O reitor Juan Viaño participa este sábado nun acto de agradecemento da USC aos veciños de Seoane do Courel

A sesión, na que participarán autoridades académicas e políticas e na que se descubrirá unha placa conmemorativa na Estación Científica do Courel, comezará ás 12.00 horas

O reitor da USC, Juan Viaño Rey, participará este sábado, a partir das 12.00 horas, na Estación Científica do Courel, no acto organizado pola institución académica compostelá en recoñecemento aos veciños de Seoane do Courel e durante o que se procederá ao descubrimento dunha placa conmemorativa nas instalacións deste centro dependente da USC.

O reitor da USC abrirá a celebración cun breve acto de benvida ás autoridades académicas e políticas presentes, así como aos veciños de Seoane. De seguido, o enxeñeiro de Montes egresado da Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC, José Manuel Blanco López, funcionario do Corpo de Enxeñeiros do Estado e técnico da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, ofrecerá o relatorio ‘ Historia de Seoane do Courel’.

O catedrático da USC e director da Estación Científica do Courel, Antonio Rigueiro, e a alcaldesa de Folgoso do Courel, Dolores Castro Ochoa, completarán a quenda de intervencións neste acto, no que tamén está confirmada a asistencia, entre outros, dos vicerreitores da USC Isabel Rodríguez Moldes, Javier Bueno Lema, Andrés Barreiro Lois e Carme Silva Domínguez, así como da subdirectora da Estación de Bioloxía Mariña da Graña, Celia Besteiro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.05.2017.