Ir o contido principal

O reitor da USC asistirá en Cádiz á décima xunta xeral de accionistas de Universia

O reitor da USC, Juan Casares Long, asistirá o 15 de outubro en Cádiz á X Xunta Xeral de Accionistas de Universia que presidirá Emilio Botín, presidente de Universia e de Banco Santander. Na inauguración Botín estará acompañado por Diego Sales Márquez, reitor da Universidade de Cádiz; Federico Gutiérrez-Solana, presidente da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE) e reitor da Universidade de Cantabria; José Antonio Villasante Cerro, director xeral de Banco Santander e director da División Global Santander Universidades; e Jaume Pagés, conselleiro delegado de Universia. O encontro reunirá aos máximos representantes das 79 institucións de educación superior socias de Universia España, que farán balance da actividade desenvolvida no último ano e dos novos proxectos desta rede de cooperación universitaria que agrupa xa a 1.169 universidades en 23 países.

No marco da xunta xeral de Accionistas de Universia terá lugar ademais la reunión do Consello Asesor Internacional de Universia, órgano consultivo da rede que valora e suxire as liñas xerais de actuación para os países onde está presente. Entregaranse tamén os galardóns correspondentes á II Edición dos Premios Universia OpenCourseWare; Uniproyecta –creados pola Rede de Asuntos Estudantís (RUNAE) coa colaboración de Universia para incentivar o espírito emprendedor dos universitarios-, e Fototalentos, convocados pola Fundación Banco Santander co apoio de Universia para recoñecer a creatividade fotográfica entre a comunidade universitaria.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.10.2010.