Ir o contido principal

Remata o prazo para presentarse ao certame audiovisual ‘Somos a curta!’

Remata o prazo para presentarse ao certame audiovisual ‘Somos a curta!’
Remata o prazo para presentarse ao certame audiovisual ‘Somos a curta!’
O 7 de novembro é o último día para presentar curtas de humor realizadas en galego

O 7 de novembro é a data límite para participar no certame Somos a curta!, que por segundo ano consecutivo pon en marcha a Comisión de Normalización Lingüística de Ciencias da Comunicación coa colaboración da Liga Estudantil Galega e o Servizo de Normalización Lingüística. Dirixido ao alumnado de bacharelato artístico, das diferentes escolas de Imaxe e Son e das tres universidades galegas, o certame premiará as mellores pezas audiovisuais curtas (a duración non pode sobrepasar os 10 minutos) de humor realizadas en galego Os dous proxectos mellor valorados por un xurado profesional recibirán 400 e 200 euros, respectivamente, e haberá tamén un premio á curta con maior acollida entre o público. Na primeira edición Longa noite de verga fíxose co máximo galardón. Sexo, literatura e enxeño foron os ingredientes dunha orixinal obra que se pode visionar a través do perfil de Facebook da Comisión de Normalización Lingüística de Ciencias da Comunicación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.11.2012.