Ir o contido principal

Remata este venres o prazo para presentar propostas ao Acelerador de Transferencia

Remata este venres o prazo para presentar propostas ao Acelerador de Transferencia
Remata este venres o prazo para presentar propostas ao Acelerador de Transferencia
Aberto a calquera grupo de investigación que teña identificado algún resultado con potencial de transferencia

A USC amplía ata este venres, 24 de xullo, o prazo de presentación de propostas ao Acelerador de Transferencia. O programa ten por obxectivo avanzar no proceso de maduración de resultados de investigación, facilitando a súa transferencia ao entorno social e económico seguindo a práctica doutros referentes nacionais e internacionais.

O acelerador está aberto aos grupos de investigación de todas as áreas de coñecemento que teñan identificado algún resultado con potencial de transferencia. Con el trátase de levar a cabo as accións necesarias para cubrir a fenda entre os resultados do que tipicamente se considera un proxecto de investigación e un coñecemento o suficientemente maduro para que resulte de interese para unha empresa ou outro axente externo, co obxectivo de aumentar as posibilidades de transferencia e polo tanto o seu valor.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.07.2015.