Rematou a cuarta quenda do Verán CampUSC 2015

Co remate do mes de xullo finalizan as catro primeiras quendas do Verán CampUSC, actividade que comezou co remate do curso escolar, o pasado 22 de xuño, cun alto grado de participación, maior que nas edicións pasadas. Nesta cuarta quenda, a de menor duración, os rapaces e rapazas participantes gozaron de dúas saídas: unha á Cidade da Cultura e outra á Alameda. Entre outras actividades, fixeron atletismo, psicomotricidade, béisbol, acrosport ou kung fu. Do 1 ao 9 de setembro terá lugar a quinta e última quenda, para a que aínda quedan 14 prazas dispoñibles.