Ir o contido principal

Repensar coas filósofas sobre Europa, política e violencia

Repensar coas filósofas sobre Europa, política e violencia
Repensar coas filósofas sobre Europa, política e violencia
Filosofía acollerá en setembro unhas xornadas gratuítas

Nun momento como o actual de crise e cambio ábrense novos e ineludibles interrogantes sobre os que é preciso volver pensar, e iso é precisamente o que se fará en setembro na Facultade compostelá de Filosofía na que, baixo os tópicos ‘Europa, política, violencia’, e poñendo o foco sobre as achegas das filósofas, se presentarán as reflexións levadas a cabo por tres grupos de investigación das Universidades de Santiago de Compostela, Barcelona e Autónoma de Madrid. As xornadas ‘ Pensar coas filósofas. Europa, Política, Violencia’ desenvolveranse os días 10 e 11 de setembro coa colaboración da Oficina de Igualdade de Xénero da USC, a través de cuxa páxina web se pode formalizar a inscrición gratuíta. O encontro estrutúrase en torno aos proxectos ‘A Europa das mulleres. Construción política e novas formas de cidadanía’, da USC; ‘Filósofas del siglo XX. Maestros, vínculos y divergencias’, da Universidade de Barcelona; e ‘ Los residuos del mal en sociedades postotalitarias. Respuestas desde una política democrática da Autónoma de Madrid. Dende a perspectiva destes tres grupos de traballo especialistas de Galicia, Cataluña, Valencia, Portugal, Alemaña, Madrid e Illas Canarias reflexionarán sobre práctica política, pacifismos, federalismo, violencia e republicanismo ou as violencias do século XX, entre outras cuestións.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.07.2015.