Ir o contido principal

‘Repensar a Teoloxía. Recuperar o Cristianismo’, lema dunhas xornadas que homenaxean ao profesor Torres Queiruga

O XXV Foro Encrucillada vai analizar a relación entre a teoloxía e o cristianismo no transcurso dunhas xornadas en homenaxe ao profesor Andrés Torres Queiruga que se celebrarán entre os días 28 e 30 na Facultade de Filosofía da USC. ‘Repensar a Teoloxía. Recuperar o Cristianismo’ é o lema deste encontro cuxo propósito é reflexionar de xeito conxunto co homenaxeado “mirando ao mesmo tempo cara a mesma cuestión tratando de avanzar no seu afondamento”, apuntan os organizadores do encontro. No programa figuran especialistas e docentes procedentes de universidades de Italia, Portugal, Brasil e España xunto a representantes do Centro Ramón Piñeiros para a Investigación en Humanidades, do Instituto Tecnolóxico Compostelano, da Conferencia das Relixiosas e Relixiosos do Brasil. As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición ata o próximo 15 de outubro ou acadar máis información a través do correo arantxa.serantes [at] usc.es (arantxa[dot]serantes[at]usc[dot]es).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.10.2010.