Responsables de máis de douscentos centros galegos de ensino medio reuniuse con persoal directivo da USC

O Salón Nobre de Fonseca acolleu este venres 19 a reunión anual con persoal directivo e orientador de centros de Ensino Medio de Galicia para dar a coñecer as actividades que o programa ‘ A Ponte’ pon en marcha este curso académico 2010-11. Foron 209 os centros que asistiron á convocatoria da USC, dos que 97 pertencen á provincia da Coruña, 29 á de Lugo, 67 á de Pontevedra e 16 á de Ourense. Na sesión, que presidiu o reitor Juan Casares Long, interviñeron a concelleira de Educación de Santiago, Mercedes Rosón, que presentou as ofertas educativas e culturais da cidade; e a vicerreitora de Estudos de Grao e Posgrao e o director do Centro de Posgrao, Eva castro Caridad e Ignacio Zarra Cameselle, respectivamente, que falaron da oferta académica do presente curso. O representante da CiUG Ramón Bravo Quintas explicoulle aos asistentes as probas de acceso á universidade (PAAU) para este curso así como o acceso á USC, e finalmente o coordinador do programa ‘A Ponte entre o ensino medio e a USC’, Luis Hervella Torrón, comentou as accións que se van a desenvolver neste curso. Tamén no transcurso do acto se falou do Centro de Hostalaría de Galicia e do Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC. Na presentación do acto, o reitor Juan Casares valorou positivamente os datos de matrícula correspondentes aos alumnos de novos ingreso procedentes dos centros de ensino medio, cun incremento respecto ao pasado ano do 13,5 por cento. Estas cifras significan, na súa opinión, que a oferta de estudos da USC resultou atractiva e que “cada vez máis se vai axustando á demanda da sociedade que é a que nos ten que mover como propietaria da USC”. O reitor Juan Casares presidiu o acto celebrado no Colexio de Fonseca