Rodríguez Lestegás toma posesión este martes como decano da Facultade de Formación do Profesorado da USC
O catedrático do Departamento de Didáctica da Lingua e a Literatura e das Ciencias Socias da USC Francisco Rodríguez Lestegás tomará este martes 26 de maio posesión no cargo como decano da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo no marco dun acto que se desenvolverá, a partir das 13.00 horas, na sala de prensa da Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo.
O reitor da USC, Juan Viaño, presidirá esta cerimonia institucional, na que, entre outros, tamén participarán a secretaria Xeral da USC, Consuelo Ferreiro, así como os vicerreitores de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno, Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico, Andrés Barreiro, e de Servizos Universitarios, Carme Silva Domínguez. A profesora do Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da USC María do Carmen Díaz Rodríguez, que desenvolverá as funcións de vicedecana da Facultade de Formación do Profesorado, e a tamén profesora do Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá María do Mar Viña Rouco, como secretaria e responsable académica de mobilidade, completan un equipo decanal dirixido por Francisco Rodríguez Lestegás.