Santander Universidades convoca 600 bolsas para persoal docente e investigador
Ata o próximo 3 de marzo de 2013 estará aberto o prazo de inscrición da terceira edición do programa ‘Bolsas Iberoamérica para novos docentes e investigadores Santander Universidades’. Das 600 axudas que se concederán, 150 entregaranse en España. Con este programa de bolsas patrocinado por Banco Santander a través da súa División Global Santander Universidades concederanse ata 2015 un total de 3.000 bolsas a novos profesores e investigadores de nove países iberoamericanos. A axuda consiste no financiamento dos gastos de aloxamento, desprazamento e manutención por un período mínimo de dous meses nalgún centro de investigación ou universidade iberoamericana distinto ao país de orixe.