Senén Barro participa nunhas xornadas que revisan vinte anos de planificación estratéxica na universidade
O ex reitor Senén Barro participará este martes 9 na xornada ’20 anos de planificación estratéxica na universidade, e?’ que organiza a Cátedra Unesco de Dirección Universitaria da Universitat Politécnica de Catalunya. Barro intervirá xunto ao seu homólogo da Universitat Jaume I, Francisco Toledo, nun diálogo co lema ‘Deliberatione vs Balanced ScoreCard’. Esta xornada fará balance de vinte anos de aplicación da planificación estratéxica para así desenvolver un exercicio de reflexión e transparencia que permite aprender e mellor da experiencia acumulada. Deste xeito, a Cátedra Unesco busca que a Universidade sexa capaz de identificar permanentemente novos retos e oportunidades, de coñecer as súas posibilidades e actuar con eficiencia e responsabilidade como institución ao servizo da sociedade.