Ir o contido principal

O Servizo Universitario de Residencias publica o listado de persoas admitidas na convocatoria do vindeiro curso

A de Santiago atópase entre as cinco universidades de España con máis prazas en residencias propias

O Servizo Universitario de Residencias acaba de publicar o listado de persoas admitidas na convocatoria do vindeiro curso 2018-2019. Entre as cinco primeiras universidades de España que máis prazas ofrece en residencias propias, a convocatoria da USC para o vindeiro curso ascende a preto de 1.100 prazas, das que o 92% son subvencionables.

As persoas admitidas dispoñen ata o día 3 de agosto (incluído) para confirmar a adxudicación, para o que deberán realizar o pagamento da fianza por valor de 150 euros. Quen non obtivera praza neste primeiro chamamento, se desexa seguir optando a una praza a través da lista de agarda deberá confirmalo tamén ata o día 3 de agosto (incluído).

Posteriormente, o número de prazas que queden vacantes coñecerase o día 9 de agosto, data na que se realizará un novo chamamento entre as persoas que sigan mantendo o seu interese por ocupar unha das prazas. Toda a información sobre a convocatoria pode consultar na web do Servizo Universitario de Residencias.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.07.2018.