Ir o contido principal

Sinatura de convenios de colaboración coa FEGAMP para a realización de posgraos sobre administración local

O reitor da USC, Juan Casares Long, e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Carlos Fernández Castro, asinarán este martes 9 en San Xerome dous convenios de colaboración para a realización do Máster en Administración Local e do curso de experto en xestión socio-educativa da inmigración no eido local. A sinatura será ás 12:00 horas no Salón Reitoral. En concreto, trátase de regular o financiamento da oitava edición do Máster en Administración local –que dirixe a profesora Teresa Carballeira- e de todos os cursos que del se derivan e do curso de experto sinalado sobre inmigración baixo a dirección dos profesores Mª del Mar Lorenzo Moledo e Miguel Santos Rego.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.11.2010.