A Sociedade Goethe en España conmemora nun congreso na USC o aniversario da irrupción das vangardas culturais alemá e europea
O VII Congreso da Sociedade Goethe en España estase a celebrara por primeira vez na Universidade de Santiago baixo o lema ‘1910-2010: un século de vangardas’. Será entre os días 18 e 20 de novembro no Centro de Estudos Avanzados (CEA) cando expertos universitarios de todo o mundo se reúnan na cidade para sumarse á conmemoración da Sociedade convocante do aniversario da irrupción das vangardas na literatura e cultura alemá e europea, con especial incidencia no Expresionismo, a vangarda máis característica da cultura alemá e cuxa influencia perdura hoxe. Os relatorios e comunicacións organízanse en torno a catro seccións diferenciadas que reflicten un amplo panorama dos temas recorrentes na literatura alemá da época como son Alemaña nas vangardas europeas, crise da identidade e da linguaxe, escritoras e vangardas literarias e clasicismos. O expresionismo Do expresionismo alemán destacan películas como ‘Metrópole’ de F. Lang ou ‘Nosferatu’ de F.W. Murnau, a pintura desenvolvida principalmente ao redor dos grupos artísticos ‘Die Brücke’ (A Ponte) e ‘Der blaue Reiter’ (O xinete azul) e os seus artistas Ernst Ludwig Kirchner, Karl Schmidt-Rottluff, Emil Nolde, Franz Marc ou Paul Klee, entre outros, así como numerosas escritoras e escritores como Else Lasker-Schüler, Georg Heym, Alfred Döblin o Franz Kafka. Programa A inauguración oficial do congreso celebrou este xoves na Sala de Debates do CEA presidido pola vicerreitora de Grao e Posgrao, Eva Castro Caridad, a que acompañaron a presidenta da Sociedade Goethe en España e a profesora da USC, Dolors Sabaté, en representación do comité organizador. Deseguido, Peter Sprengel, da Universidade Libre de Berlín, foio encargado de pronunciar a conferencia plenaria do encontro. O encontro estase a celebrar no Centro de Estudos Avanzados. Foto: Alfonso