Ir o contido principal

Teen Records, música con selo adolescente xurdida na USC

Teen Records, música con selo adolescente xurdida na USC
Teen Records, música con selo adolescente xurdida na USC

O que comezou sendo un traballo de fin de Grao de Comunicación Audiovisual na USC realizado por seis alumnas, Teen Records, se converteu finalmente en realidade coa axuda do programa Iniciativa Xove da Xunta de Galicia.

O proxecto, que opera nas instalacións da Facultade compostelá de Ciencias da Comunicación, ten como misión a creación dun selo discográfico estable dedicado ao escouting, rexistro, produción, distribución e promoción de talento adolescente galego tanto instrumental como vocal, potenciando e apoiando a futura escena musical en Galicia.

Teen Records pretende abrirse como unha oportunidade para que os novos creadores poidan dar a coñecer a súa música e abrirse un camiño profesional deixando pegada na industria musical. Todo, a través da produción de contidos e formatos innovadores tanto no ámbito analóxico como dixital por medio de diferentes medios e soportes como, por exemplo, “demos” de calidade, videoclips e futuros concertos, empregando as redes sociais de twitter (teen_records), facebook (teenrecords.usc) e instagram (teen_records) como axentes publicitarios de #amovidateen. Na actualidade o proxecto das egresadas da USC traballa cos grupos de música Stock e Marching Trees, que ofrecerán o 5 de outubro un concerto na Sala Capitol de Santiago. Será ás 21.00 horas con entrada de balde.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.09.2016.