Ir o contido principal

TodoCosmos organiza unha sesión de observación astronómico dende o Pico Sacro

TodoCosmos organiza unha sesión de observación astronómico dende o Pico Sacro
TodoCosmos organiza unha sesión de observación astronómico dende o Pico Sacro
En novembro, participará no Mes da Astronomía na Biblioteca Ánxel Casal

O programa de divulgación astronómica TodoCosmos levará a cabo este sábado 28 unha sesión de observación pública dende o Pico Sacro a partir das 20.00 horas. As persoas que se acheguen observarán a Lúa, o planeta Saturno, unha estrela dobre, o cúmulo globular M13 e a nebuloso do anel. TodoCosmos é unha iniciativa desenvolvida polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC e financiada pola FECYT. Neste ocasión conta coa colaboración do concello de Boqueixón.

Xa o luns 30, a asociación SCQ Erasmus realizará unha sesión de observación dende as instalacións do propio Observatorio universitario en Campus Vida e o martes 31 tomará o relevo alumnado do Instituto de Vilalonga (Xanxenxo).

Novembro
Para o próximo mes de novembro, TodoCosmos participará no Mes da Astronomía na Biblioteca Ánxel Casal con sesións dirixidas a xente nova os días 10 e 17 e cunha observación para todos os públicos o día 24. Ese mesmo mes están previstas visitas ao Observatorio do colexio Pío XII e do Instituto Xelmírez de Santiago, dentro do acordo de colaboración do Departamento de Educación do Concello de Santiago co programa de divulgación.

Nesta última semana de outubro, TodoCosmos desprazouse ao IES da Ponte do Porto (Camariñas), ao IES Eusebio da Guarda (A Coruña) e ao IES de Melide, ademais cos colexios de Calo, A Ramallosa, Os Tilos e Recesende, estes últimos de Teo en colaboración co concello.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.10.2017.