Ir o contido principal

O Tratado de Compostela que simplifica a extradición entre catro países asínase na Universidade de Santiago

O Tratado de Compostela, un acordo sobre simplificación da extradición entre Brasil, Arxentina Portugal e España, asinarase este mércores, 3 de novembro, na Universidade de Santiago, concretamente no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. O acto iniciarase ás 11:30 horas coas palabras de benvida do reitor da USC, Juan Casares. A continuación rubricarase o convenio e intervirá cada un dos representantes dos Ministerios de Xustiza dos países asinantes, entre eles o ministro español Francisco Caamaño.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.11.2010.