Ir o contido principal

Uninova axuda aos futuros emprendedores a identificar as ideas empresariais viables

O Seminario de Planificación Empresarial que anualmente organiza Uninova en colaboración con Bic Galicia comezará nesta edición o vindeiro 8 de novembro, dirixido a todas aquelas persoas que desexen estudar a viabilidade dunha idea empresarial. Totalmente gratuíta, é unha acción formativa que os estudantes poderán validar por un crédito de libre configuración. As clases impartiranse no edificio Emprendia en horario de 16:00 a 21:00 horas. Este martes día 26, terá lugar a primeira toma de contacto individualizada entre profesorado e alumnado cunha duración aproximada de 10 minutos para facilitar o desenvolvemento posterior do curso. O Seminario desenvolverase ao longo de sete sesións presenciais nas que se tratará de explicar os conceptos necesarios para elaborar o Plan de Empresa de cada un dos proxectos participantes. O Plan de Empresa é unha ferramenta que permitirá responder a preguntas tan importantes nun proxecto empresarial como, cánto é preciso vender, cómo definir a carteira de clientes ou financiamento que se precisa, entre outros asuntos. Paralelamente ás sesións ofrécese a cada proxecto a axuda personalizada e individualizada dun titor que prestará o asesoramento necesario para contrastar que unha idea se pode converter nun proxecto viable de empresa.

Os contidos deste seminario darán a coñecer aos asistentes non só os conceptos básicos necesarios para a elaboración do plan de empresa, senón tamén como deseñar e elaborar o propio plan de empresa e a maneira de contrastar a viabilidade do Plan de Empresa. Para acadar máis información ou realizar a inscrición ao seminario, as persoas interesadas poden contactar con Uninova no teléfono 881 815 593 ou no enderezo de correo electrónico monica.suarez [at] usc.es (monica[dot]suarez[at]usc[dot]es)

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.10.2010.