A Universidade de Santiago en 46 instantáneas

A exposición colectiva da sociación Fotoforum Compostela inaugúrase este xoves 2 ás 20.00 horas en Fonseca
A Asociación Cultural Fotoforum Compostela inaugura este xoves 2 de xullo na USC a súa última exposición colectiva da tempada. Son en total 46 fotografías nas que os membros da asociación mostran a súa visión persoal da Universidade de Santiago, da súa actividade e dos espazos que simbolizan a vida universitaria. A exposición ‘Campus Foto’ inaugurarase o xoves nun acto aberto ao público ás 20.00 horas no claustro baixo do Colexio de Fonseca e alí permanecerá ata o 26 de xullo en horario de 9.00 a 21.00 de luns a sábado.
A variedade e versatilidade dos traballos producidos ao longo de tres meses constitúe un patrimonio fotográfico representativo da constante actividade xerada polo Fotoforum, que remata así o programa expositivo deste curso.