A Universidade de Santiago, entre as principais institucións investigadoras do ámbito latinoamericano
A Universidade de Santiago ocupa o posto número 20 dun ranking que analiza e avalía a actividade investigadora das institucións de ensino superior no espazo iberoamericano. Esta listaxe basease en datos cuantitativos de publicación e citación do período 2003-2008 recaendo a súa elaboración en SCImago, un grupo de investigación de dedicado á avaliación da Ciencia mediante análise, representación e avaliación da información contida en bases de datos. A análise dos datos que sitúa á USC como a primeira universidade galega no ámbito da investigación e a oitava dentro do territorio español céntrase na produción científica, entendida como o número de artigos publicados polas institucións; ou a colaboración internacional medida como o cociente de artigos que publica unha institución en colaboración con institucións doutros países. Outros indicadores do informe son o impacto normalizado, medido como a ratio entre a citación por institución e a citación media puntual documentos do mesmo campo científico; e a porcentaxe de publicacións no 25% das mellores revistas do mundo ordenadas polo indicador de importancia científica das revistas SJR elaborado por por SCImago. Os indicadores seleccionáronse para ofrecer información relevante aos responsables de política científica e a xestores de recursos de investigación e coa finalidade de poñer de relevo algunhas das dimensións máis importantes que caracterizan a actividade investigadora. A elaboración deste informe baseouse na análise das publicacións científicas incluídas no índice de citas Scopus producido por Elsevier. Trátase da maior base de datos científica do mundo con máis de 20.000 publicacións científicas, incluíndo máis de 17.000 revistas ‘per review’, libros e actas de congresos.
O ranking inclúe a 607 universidades iberoamericanas representando a 28 países cunha distribución moi desigual e onde España, Brasil e Colombia representan preto do 50% do total. Os integrantes de SCImago pertencen ao CSIC e ás universidades de Granada, Alcalá de Henares, Carlos III, Estremadura, Porto (Portugal), Nacional da Prata (Arxentina) e Pontificia Católica de Valparaiso (Chile).