Ir o contido principal

Universidades de Asia Central e europeas inician na USC os traballos do proxecto Erasmus Mundus II Lote 9 Centauri

Universidades de Asia Central e europeas inician na USC os traballos do proxecto Erasmus Mundus II Lote 9 Centauri
Universidades de Asia Central e europeas inician na USC os traballos do proxecto Erasmus Mundus II Lote 9 Centauri

O reitor Juan Casares preside este mércores 27 a primeira xuntanza de traballo do proxecto Erasmus Mundus II Lote 9 Centauri, de cuxa coordinación se vai encargar a Universidade de Santiago. Neste proxecto están implicados un total de dezanove universidades, dez de Asia Central e as restantes europeas. A inauguración celebrarase a partir das 15:30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. A finalidade deste proxecto será a de desenvolver unha convocatoria que permita a mobilidade de estudantes de grao e de posgrao así como de profesores dende as universidades asiáticas a institucións de ensino superior europeas. Desta convocatoria de mobilidade poderán beneficiarse ata un máximo de 126 universitarios asiáticos. Na xuntanza traballarase na definición dos distintos aspectos nos que se concretará a futura convocatoria, como o desenvolvemento do proceso de selección, requisitos dos candidatos, ferramentas para a xestión en liña ou de bases de datos, entre outros aspectos.

As universidades asiáticas que estarán representadas nesta xuntanza proceden de Tajikistán, Uzbekistán, Kyrgyztan e Kazakhstan, e de Italia, Finlandia, Letonia, Suecia, Bélxica, República Checa, Alemaña, Lituania, e España, polo lado europeo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.10.2010.