As Universidades de Santiago de Compostela e de Sao Tomé e Príncipe estreitan lazos de cooperación

O reitor da USC, Juan Viaño, recibiu este martes en San Xerome o seu homólogo da Universidade de Sao Tomé e Príncipe, Aires Bruzaca de Menezes, para explorar posibles vías de colaboración nos campos de docencia, investigación, difusión cultural e outros propios da súa actividade.
Na xuntanza participaron tamén a vicerreitora de Internacionalización, Almudena Hospido; os coordinadores do Grupo SEPA-interea, Pablo Meira e José Antonio Caride, este último ademais comisionado do Campus da Cidadanía; o director do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) con sede no campus de Lugo, Pablo Ramil; e o director do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), Carlos Vales.
Os dous reitores acompañados do resto da comitiva da USC (Foto: SERVIMAV)