A USC achega 22 exemplares á mostra virtual ‘América Escrita’, promovida co gallo do bicentenario das primeiras independencias americanas
A Universidade de Santiago, a través da Biblioteca Universitaria, está a colaborar na exposición ‘América Escrita’, que se pode visitar dende este luns a través da páxina web www.americaescrita.us.es. Trátase dunha mostra virtual, na que participan a universidades integrantes do grupo de traballo Patrimonio Bibliográfico da Rede de Bibliotecas Universitarias Españolas (Rebiun). A biblioteca compostelá achegou 22 exemplares a esta mostra virtual, que ten por obxecto sacar á luz os tesouros bibliográficos de temática americana existentes nas universidades españolas, co gallo do bicentenario das primeiras independencias americanas. A exposición, coordinada pola Universidade de Sevilla, divídese en seis seccións: territorio, persoas, cultura e técnica, américa non española e independencia. Os exemplares cedidos pola Biblioteca Universitaria de Santiago atópanse repartidos nestas seccións, nas que a meirande parte dos textos exhibidos pódense consultar na súa versión electrónica.
Á mostra poderá accederse tamén a través da páxina web da Biblioteca Universitaria de Santiago, busc.usc.es