Ir o contido principal

A USC e Bancaja crean a Cátedra 'Mocidade Emprendedora'

A Universidade de Santiago de Compostela, a través da Vicerreitoría de Relacións Institucionais, e a Fundación Bancaja crearán a Cátedra Mocidade Emprendedora orientada ao emprendemento feminino, coa finalidade de fomentar o espírito e vocación empresarial apoiando as iniciativas de novos proxectos empresariais dende a Universidade e a sociedade.
Para a constitución desta cátedra, que dirixirá a profesora do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade Loreto Fernández Fernández, asinarán o correspondente convenio este martes, día 11, ás 13:00 horas no Salón Reitoral de San Xerome, o reitor da Universidade, Senén Barro Ameneiro, e o xerente da Fundación Bancaja, Miguel Ángel Utrillas Jáuregui.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.12.2007.