A USC colabora no Día da Reforestación Toyota 2008
Sementaranse 500 landras de carballo fronte á ETSE
Santiago de Compostela será este domingo 23, ás 10:30 horas, unha das sedes españolas do Día da Reforestación Toyota 2008. O lugar elixido para levar adiante a iniciativa é o Campus Sur da USC, fronte á Escola Técnica Superior de Enxeñaría, onde se sementarán cincocentas landras de carballo (Quercus robur), de procedencia certificada, como árbore representativo do territorio.
A campaña conta coa colaboración do Xardín Botánico da USC e a dirección do profesor Jesús Izco, catedrático de Botánica. Participarán igualmente outros profesionais relacionados cos bosques e a conservación do patrimonio natural que, desde un punto de vista técnico e experto, realizan este labor desde hai tempo.