A USC consegue un quinto posto no Campionato de España Universitario de judo
En natación a Universidade de Santiago obtivo un sexto e un noveno posto
A estudante de Biotecnoloxía Marta Plaza Pedre obtivo o quinto posto na categoría de -63 kg feminina no Campionato de España Universitario de judo que se desenvolveu en Jaca (Huesca). Pola súa parte, o estudante do grao de Mestre/a de Educación Infantil José Iglesias Rodríguez soamente puido participar na primeira rolda de combates.
No Campionato de España Universitario de Natación, que se desenvolveu en Talavera de la Reina (Toledo), o estudante de Matemáticas Manuel Pérez Lorenzo obtivo un sexto posto na proba de 50 metros braza e un noveno posto na proba de 100 metros braza.